Autora: Amaya V.G.
O día das Letras Galegas celébrase en Galiza para homenaxear a un/unha escritor/a galego/a e celébrase o 17 de maio.
No noso cole celebramos a tope o día das Letras Galegas.
Primeiro, escoitamos un programa de radio espectacular: nel escoitamos o himno galego que interpretaron os de 6º Ed. Primaria. Aprendimos do escritor Florencio Delgado Gurriarán (naceu o 27 de agosto de 1903). O seu primeiro libro foi "Bebedeira".
Logo veu unha influencer e youtubeira chamada Isabel Villanueva de "O galego mola". Fixo unha charla moi divertida.
Tamén tivemos unha exposición de instrumentos tradicionais galegos, como a pandeira, a botella de anís, lata de pementón, pandeiro cadrado, sacho, tamboril...
E por último, viñeron uns "rockeiros" que tiñan un grupo chamado "Gramola Gominola" no que había un baixo, guitarra eléctrica, batería e unha cantante que nos cantaron "Campiona internacional" e "A lebre chouteira".
En resumo, esta semana foi incrible celebrando o día das Letras Galegas.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario. Deberás esperar a que a profe o lea e lle dea o visto bo. Asegúrate de que non cometeches apenas faltas de ortografía.