Como empezou todo?
A principios de curso limos un texto sobre a historia do que se coñece como a milla diaria. Se queres saber ti tamén sobre ela, podes ler este documento: Saber máis sobre a milla diaria.
Como case sempre corremos na pista do patio, o primeiro que fixemos foi tomar medicións para saber cantos metros medía cada lado. Como a pista é un rectángulo, bastaba con medir o lado curto e o lado longo:
Obtivemos os seguintes datos aproximados da pista:
- Lado longo: 44 metros
- Lado curto: 23 metros
Despois, calculamos o perímetro do rectángulo: dúas veces o lado longo máis dúas veces o lado curto. Total, 134 metros.
Que facemos cada día?
Cando saímos correr, levamos a conta das voltas que fai cada un collendo unha peza e botándoa a un cesto. Isto nos sirve de contador global para saber cantas voltas damos ese día entre todos e todas.
Xa na clase, facemos os cálculos correspondentes para saber o número de metros percorridos. É imprescindible saber multiplicar, claro!
Cal é o noso destino?
Queres saber por onde imos na nosa viaxe? Mira este mapa e preme sobre cada localidade para saber algo máis sobre ela:
.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario. Deberás esperar a que a profe o lea e lle dea o visto bo. Asegúrate de que non cometeches apenas faltas de ortografía.