Todas/os somos diferentes

Hoxe tivemos a sorte de recibir un obradoiro de educación emocional impartido por Rocío Salgado.

Tras ver o vídeo de Ex-ET, un extraterrestre divertido e distinto aos demais, fixemos un interesante debate. Chegamos á conclusión de que cada un e cada unha ten unha forma de ser e de comportarse propio e non existe un único modo “normal”. 

Reflexionamos sobre por que as veces nós mesmos non tratamos ben a persoas que son diferentes a nós e os rexeitamos. 

Despois fixemos de detectives e tivemos que atopar a oito persoas que fixeran unha serie de actividades ou situacións concretas, como ter ido a outro pais, que lle gustaran as verduras, que tivera irmáns...



Finalmente, como última dinámica, fomos escribindo en folios de cores o seguinte:
  • En cor rosa, cousas que nos gustan. 
  • En cor amarela, cousas que preciso mellorar.
  • En cor azul, cousas que sei facer moi ben. 
  • E en cor verde, cousas que non me gustan.

 


Con esta actividade puidemos comprobar que ás persoas facemos e nos gustan cousas diferentes. Todo sería moi aburrido se fósemos como clons, todos e todas iguais!





Comentarios