Expedición Balmis

Na visita á Domus desta semana, aprendimos moitas cousas sobre o ser humano, entre elas, algunhas cuestións sobre saúde:

  • Que o mellor para a saúde é a prevención de enfermidades. 
  • Que para prever enfermidades debemos facer actividade física diaria, levar unha alimentación saudable, durmir o número suficiente de horas, non abusar dos videoxogos...
  • Que algunhas enfermidades xurden por infección de virus.
  • E que as vacinas poden previr enfermidades causadas precisamente por virus.

Ademáis de aprender como funciona unha vacina, tamén coñecimos a historia da expedición Balmis, na que se logrou levar a vacina da variola dende Europa (en concreto dende o porto de A Coruña) ata América, dun xeito moi especial, no corpo de 21 nenos/as orfos/as. Podedes recordalo a través deste vídeo:

Comentarios